martes, 20 de junio de 2017

Tatuaxes literarias.

Considérome unha persoa apasionada das tatuaxes, encántanme e por iso decidín facer unha entrada sobre eles. Non é unha entrada sobre tatuaxes comúns, senon que son tatuaxes de frases sacadas de libros da literatura universal. Escollín 10, os que me pareceron máis importantes, xa que algúns son de autores dos cales falamos na clase. Os tatuaxes son os seguintes e pertencen aos libros dos seguintes autores:


``Me enamoré de la forma en que te quedas dormido: poco a poco, y luego de una sola vez´´.
Bajo la misma estrella, John Green.

``Por ti lo haría mil veces´´.
Cometas en el cielo, Khaled Hosseini.










``Si tú eres un ave, yo soy un ave´´.
El cuaderno de Noah, Nicholas Sparks.













``¿Quién, siendo amado, es pobre?´´
Una mujer sin importancia, Oscar Wilde.




``De lo que sea que nuestras almas estén hechas, la suya y la mía son lo mismo´´.
Cumbres borrascosas, Emily Bronte.



``El curso del verdadero amor nunca se ha desarrollado sin problemas´´.
El sueño de una noche de verano, William Shakespeare.



``Tú eres cada razón, cada esperanza y cada sueño que yo haya tenido´´.
El cuaderno de Noah, Nicholas Sparks.



``Más fervientemente´´.
Orgullo y Prejuicio, Jane Austen.



``Te seguiré y, haré un cielo del infierno, moriré por tu mano, la cual amo tanto´´.
El sueño de una noche de verano, William Shakespeare.



``Me ha hechizado en cuerpo y alma´´.
Orgullo y Prejuicio, Jane Austen.






As mulleres da antigüidade.

A todos nos gusta vernos ben, e se nos centramos nas mulleres, moitas maquíllanse para sentirse máis fermosas e aplicanse cremas e perfumes de diferentes olores para desprender un aroma agradable. Calquera muller ten un pintalabios vermello na súa casa, que aínda que non o utilice sempre, existe a ocasión perfecta para empregalo.
Se pensamos nas mulleres de agora maquilladas, ocurresenos os labios pintados de algunha cor chamativa, os ollos ben deliñados e unhas cexas perfectas. Pero se nos centramos nas mulleres do pasado, maquillalas desa  maneira tan actual sería algo horrendo.
Xa dende sempre a beleza da muller e os seus coidados estéticos foron moi importantes, pero moi diferentes aos de hoxe en día. Todo dependía da cultura, da época e da clase social á que pertencese cada unha.



Se falamos dos exipcios e os romanos, para eles era moi importante o aseo, empregar aceites para desprender un olor agradable e ter unha pel suave e ben coidada. Centrándonos no rostro das mulleres, era moi importante empregar o delineado negro dos ollos para resaltar a súa mirada.










 Para as gregas os símbolo natural de fermosura non era empregar cosméticos, senon coidar moi ben o grosor das súas cexas, xa que era considerado como símbolo de beleza.







Resalta a figura de María Antonieta, xa que empregaba un maquillaxe cargado e extravagante; para lograr un rostro pálido empregaban minerais con vinagre; para conseguir os tonos negros empregaban cinzas; e por último o tono dos labios extraíano de froitos. Foi nesta época onde comezou a terse como costume empregar perfumes.

lunes, 29 de mayo de 2017

Laura

Laura é un nome procedente do latín e deriva da palabra laurel. Se nos centramos na metonimia, significa victoriosa, que é coroada  cunha coroa de laurel, por iso gardan relación ambos termos.

Laura Ingalls foi unha escritora estadounidense, naceu en Wisconsin, pero debido a vida itinerante da súa familia, residiron en varios lugares. Cando cumpreu os 65  anos decidiu contar a súa infancia nun libro titulado ``La casa de la pradera´´. Esta obra é unha das máis coñecidas e tivo moito éxito, tanto, que foi adaptada a unha serie de televisión, que tamén triunfou.


Antes de comezar a escribir obras literarias, escribía artículos para unha revista estadounidense e a partir de ahí comezou a ter éxito como escritora, tendo en conta que xa viña dunha familia de escritores como era súa nai e o seu avó.

viernes, 5 de mayo de 2017

A cerca de: La escritura es la pintura de la voz

Esta frase pertence ao escritor, filósofo, historiador e avogado francés Voltaire, coñecido tamén como un dos principais representantes da Ilustración. Esta frase escollina porque me parece, a parte de bonita, apropiada para un blog relacionado coa literatura, no cal se expoñerán traballos relacionados con esta materia.

miércoles, 3 de mayo de 2017

BOOKTRAILER. Palmeras en la nieve


Este é o booktrailer de ``Palmeras en la nieve´´, unha adaptación cinematográfica da primeira novela de Luz Gabás, publicada en febreiro de 2012, na que a trama se divide en dous tempos, o pasado e o presente, nos cales, respectivamente, se conta a historia de amor entre Kilian e Bisila, e onde Clarence intenta averiguar o pasado do seu tío en Guinea.